Subvencións para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas

Obxectivo: Financiar programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, que estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

 

Cada acción formativa incluirá un compromiso de contratación do 60 % do alumnado aprobado e/o formado, en contratos cunha duración mínima de 6 meses, ou do 40 % se a contratación é por un período igual ou superior aos 12 meses.

 

Orzamento: 3.148.334 euros. A contía da subvención para conceder por cada acción formativa calcularase en función do número de participantes previstos, do número de horas da acción formativa, e dos módulos económicos específicos solicitados por participante e hora de formación.

  • O número máximo de participantes por acción formativa será de 15 persoas, cada acción formativa a subvencionar poderá ter unha duración máxima de 300 horas, e o módulo económico máximo será de 13 €.
  • Para os custos adicionais de adaptación da acción formativa á participación do alumnado con discapacidade establécese un custo unitario de 16 € por hora lectiva.

 

Beneficiarios: Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións, as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación rexistrados para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da comunidade autónoma de Galicia.